Powered By Blogger

martes, 11 de mayo de 2010

Uxío Novoneyra foi un mestre da poesía


Este ano o Día das Letras Galegas dedícaselle a Uxío Novoneyra. Escolleuse este poeta porque era un dos grandes da Galicia do século XX. Ademais era un home comprometido coa súa terra e coas súas xentes,cunha obra moi extensa e significativa.
Naceu o 19 de xaneiro do 1930 na aldea de Parada, da parroquia de Seoane.
Chegando o tempo, Uxío estudou o Bacharelato en Lugo. Aos 19 anos trasladouse a Madrid onde estivo ata 1951 cando volveu a Galicia para facer o servizo militar.
O 30 de outubro de 1990 Uxío morre en Santiago de Compostela, e ese día tocaron a morto todas as campás do Courel.
Por iso o próximo luns 17 de maio dedícaselle o Día das Letras Galegas. Cada ano,conmemórase unha persoa diferente, escollida pola RAG tendo en conta que pasaran polo menos 10 anos do seu falecemento.