Powered By Blogger

miércoles, 9 de junio de 2010

HAIKU

Caira do ceo
Unha bágoa chea
de dor de amor

Pra nos poder ir
a navegar polo mar
cheo de peixe

máis sairá
o amencer o chegar
o día final

Deixame Nacho
polo camiño novo
que descubriches

Na veira do rio
e no ultimo día meu
que necesitaba.

CHARLIE E A FÁBRICA DE CHOCOLATE

martes, 8 de junio de 2010

lunes, 7 de junio de 2010

BICOS CON LINGUA





Palabras encadenadases o título do texto escrito por Jordi Galcerán, que versión a compañía baixo a dirección de Artur Trillo que precisamente fai pouco foi galardoado con el María Casares ao mellor actor secundario por E ti, que vés sendo e coa interpretación dos actores Toño Casais e María Ordóñez, que dan vida a un psicópata e a súa víctima. O venres 14 de maio de 2010 fomos ao auditorio de Gondomar a ver Artur Trillo y Toño Casais. Bicos con lingua gustoume moito por que ademais de estar falando coa nosa lingua fano dunha maneira divertida. Ao principio presentáronse e falaron do galego. A continuación fixeron varios sketchs , o primeiro da parada do autobús explicando un pouco o que fan dúas nais cos seus bebes foi un sketch que me gustou moito porque imítano como se foran nais de verdade. Deseguido xa entrou outro de inmediato dun home que quere cambiar o seu nome de José por Xosé. Pero o que o esta a atender rómpelle a cabeza dicíndolle que porque o quere cambiar que e unha tolería ata que lle di que se quere cambiar o seu nome que ten que ir a outra sala. O terceiro esquet fixérono sen case perder tempo foron pola parte de atrás puxeron unhas batas de médicos e comezaron. Entón empezaron traendo unha lingua que estaba enferma e para curala metéronlle unha vacina de conxuncións,verbos, adxectivos etc. Ata que a lingua morreu e non sabían onde metela porque estaba todo cheo de linguas. E por ultimo os mortos dous homes que se encontran no ceo despois de botar anos sen falar con ninguén e de casualidade esa persoa era tamén galega. E falaron de que na terra a xente en galicia xa non fala o galego.

miércoles, 2 de junio de 2010

LEO I ARREMECAHONÁ


A traxectoria musical de Leo i Arremecaghoná comeza no ano 1997.
E o venres 21/05/2010 viu a Gondomar a facernos unha actuación.
Primeiro falounos do galego e das súa familia que tiña un irmán que estaba
Encerrado no faiado por que era lambido.
Despois cantou varias cancións que me gustaron moito e foron moi divertidas e
Deseguido viñeron os gañadores dos Haikus.
Estes foron os gañadores: Sabela Vilar Estevez,de 3 ESO A, presentou o poemario Néboa escura,claro o sentimento,baixo o pseudónimo de chocolate.Foi a gañadora do 2 premio,correspondente ao IES Auga da Laxe,do 1 Concurso de Haikus do Val Miñor que organizaron conxuntamente os ENDL e os departamentos de lingua Galega do IES Auga da Laxe,IES Escola Proval,IES Terra de Turonio e IES Val Miñor.Uns dos gañadores do IES Terra de Turonio Aldan Lopez , Norma Carbajo Quintas , Rebeca Tizón e Lara Teruel.

A o rematar entrou de novo Leo e volveunos a cantar unhas cancións, cando marchou todos lle pídemos outra fíxose o remelón e volveu a cantar.