Powered By Blogger

miércoles, 2 de junio de 2010

LEO I ARREMECAHONÁ


A traxectoria musical de Leo i Arremecaghoná comeza no ano 1997.
E o venres 21/05/2010 viu a Gondomar a facernos unha actuación.
Primeiro falounos do galego e das súa familia que tiña un irmán que estaba
Encerrado no faiado por que era lambido.
Despois cantou varias cancións que me gustaron moito e foron moi divertidas e
Deseguido viñeron os gañadores dos Haikus.
Estes foron os gañadores: Sabela Vilar Estevez,de 3 ESO A, presentou o poemario Néboa escura,claro o sentimento,baixo o pseudónimo de chocolate.Foi a gañadora do 2 premio,correspondente ao IES Auga da Laxe,do 1 Concurso de Haikus do Val Miñor que organizaron conxuntamente os ENDL e os departamentos de lingua Galega do IES Auga da Laxe,IES Escola Proval,IES Terra de Turonio e IES Val Miñor.Uns dos gañadores do IES Terra de Turonio Aldan Lopez , Norma Carbajo Quintas , Rebeca Tizón e Lara Teruel.

A o rematar entrou de novo Leo e volveunos a cantar unhas cancións, cando marchou todos lle pídemos outra fíxose o remelón e volveu a cantar.

1 comentario:

  1. Antonio, a crónica está ben pero agora hai que corrixir todos os problemas de expresión. Faltan puntos. Coidado con unir ideas diferentes con comas!! Outra cousa, a entrada comeza exactamente igual que a de Jony (por favor, intentade ser orixinais e deixade de copiarvos).
    Incorrecto uso de maiúsculas: por que pos en maiúscula palabras como galego, encerrado, etc e porén escribes con minúscula nomes propios como o de Leo??? Corríxeo. Por certo, o nome correcto é Leo i arremecaghoná (CON ACENTO NO A)
    Tes que reler a entrada varias veces porque hai erratas que podes subsanar. Ademais diso a entrada debería estar xustificada e porderías enpregar links e vídeos.

    ResponderEliminar